Blogia
COLECCIÓN PRIMARIA

DÍA DA PAZ

O pasado 29 de xaneiro celebramos o Día Internacional da Non Violencia e a Paz.

Os rapaces e rapazas de 3º de Primaria decidimos transformar unha poesía que nos ensinou a nosa mestra Uxía nun rap con xestos asociados: "Amigos de colores". A súa letra correspondía cos 4 amigos que ilustran o debuxo central do noso mural para o pasillo.

Este mural completámolo con pombas nas que escribimos palabras relacionadas coa paz e a concordia e as nosas postais á Pomba da Paz onde a saudamos e lle facemos chegar as nosas plegarias por un mundo mellor.

No día tamén fixemos unha pulseira (coma no 25 de novembro) pero esta vez a mensaxe que escribimos foi: "Queremos paz"

Para rematar cantamos, xunto co resto do colexio, a canción "Rosa de la paz" do grupo Amaral

0 comentarios