Blogia
COLECCIÓN PRIMARIA

Días Educativos

Unha ilusión de Paz

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

19 de marzo, día do pai

Non esquezades que mañá é o día do pai.

 

8 de marzo. Día da Muller

8 DE MARZO = DÍA DA MULLER

8 DE MARZO = DÍA DA MULLER

Este luns 8 de marzo, día da muller, comezamos a realizar unha serie de actividades relacionadas con esta celebración;  aprendemos un pouco sobre a súa historia, de porque se celebra o 8 de marzo e non outro día do ano.

Tamén aprendemos cousas sobre Hipatia, Clara Campoamor, Helena Cortesina, Victoria Kent, Mary Wollstonecraft, Frida Kahlo, Ana María Matute, Marie Curie, Ada Lovelace, Dame Jane Goodall, Anna Keichline e Hildergard. Coñecemos o seu país de procedencia e a profesión á que lle dedicaron a súa vida.

Fixemos un debuxo da muller que máis nos chamou a atención e xa os temos pegados na parede da nosa aula.

Tamén lemos historias coeducativas coma: “El príncipe Ceniciento” e “Quero ser bombeira”.

Día I. da Lingua Materna

O pasado 21 de febreiro tivo lugar a celebración internacional do Día da Lingua Materna.

Na nosa clase de 3º adicamoslle a escoita e lectura da fermosa historia "Un bico de amor e vida" basada nas lendas sobre sereas.

Ficha do audi- libro con música interpretada pola Real Filharmonía de Galicia

Editorial Galaxia.
T-Xosé A.Neira Cruz
I. Enjamio
M- Manuel Balboa
Ed.2009

Amosamos os debuxos que fixemos.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

DÍA DA PAZ

O pasado 29 de xaneiro celebramos o Día Internacional da Non Violencia e a Paz.

Os rapaces e rapazas de 3º de Primaria decidimos transformar unha poesía que nos ensinou a nosa mestra Uxía nun rap con xestos asociados: "Amigos de colores". A súa letra correspondía cos 4 amigos que ilustran o debuxo central do noso mural para o pasillo.

Este mural completámolo con pombas nas que escribimos palabras relacionadas coa paz e a concordia e as nosas postais á Pomba da Paz onde a saudamos e lle facemos chegar as nosas plegarias por un mundo mellor.

No día tamén fixemos unha pulseira (coma no 25 de novembro) pero esta vez a mensaxe que escribimos foi: "Queremos paz"

Para rematar cantamos, xunto co resto do colexio, a canción "Rosa de la paz" do grupo Amaral

CONSTITUCIÓN

Este mural fue realizado por mi alumnado de 3º de Educación Primaria del CPI Curros Enríquez el pasado mes de Diciembre de 2009 para celebrar el aniversario de la Constitución Española.

El material utilizado lo encontré en la web de Norberto y nos ayudó mucho a entender qué es la Constitución.

25 de Novembro

No cole tamén celebramos o Día Internacional para a Eliminación da violencia de Xénero.

As actividades realizadas polo 2º ciclo de Primaria consistían na elaboración dun grande mural que reflexara a cantidade de mulleres asasinadas polo terrorismo machista no ano 2009 en España.

Igual que o resto do colexio, o día 25 de novembro fixemos unhas pulseiras de cartolina cor violeta nas que escribimos unha frase-resumo do día.

A frase que escollemos na clase de 3º de E.P. por maioría foi: "Non podemos matar ás mulleres"

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres