Blogia
COLECCIÓN PRIMARIA

Libros

OS NOSOS LIBROS

Despois de escribir na nosa libreta de "Lectura e escritura" pasamos en limpo a nosa composición. Despois agrupamos distintos escritos por temas, decoramos a portada e grampamos facendo un libro.

Xa temos un montón...

Nos momentos de lectura libre podemos escollelos e cando lemos un tamén facemos unha tira para a nosa cadea lectora.

IV Concurso de Ler Poesía

O pasado venres día 12 de marzo desfrutamos con outra nova edición do concurso de Ler Poesía.

Nesta ocasión escollemos o marabilloso libro "Bechos pequerrechos", escrito e ilustrado por María Lires.

Neste "slide" podemos ver as nosas versións ilustrativas.

III Concurso de ler poesías

A terceira edición do concurso de lectura foi celebrado onte, venre 5 de marzo.

Nesta ocasión lemos un poema sobre un crocodilo namorado dunha xirafa.

O texto forma parte dunha das cancións do disco TIC-TAC, e esta actividade vainos servir de introdución para o día que traballemos a canción na clase de música, que será dentro de 10 días.

Polo de agora, escribimos un anaco da canción na libreta de "Lectura e Escritura", levámola para a casa para traballar a entonación e outras cousas, e fixemos un pequenos debuxos que vos mostramos neste "slide"

II Concurso de ler poesías

O pasado venres 26 de febreiro celebramos na clase de 3º de Primaria o II CONCURSO DE LER POESÍAS.

O poema para esta ocasión leva por título "Hay cosas que no hay" de Michael Ende e pertence ao libro "Os Monicacos", un divertido libro de rimas e poemas con adiviñas e trabalínguas para coñecer a todo tipo de monicacos.

Primeiro, o xoves 25 copiamos a poesía na nosa libreta de Escritura e Lectura, levámola para a casa para practicar e o venres presentámonos ao concurso.

GANADOR DO II Concurso de ler poesías

GANADOR DO II Concurso de ler poesías

O pasado venres 26 de febreiro celebramos na clase de 3º de Primaria o II CONCURSO DE LER POESÍAS.

Nesta ocasión o primeiro premio foi otorgado a ADRIÁN!

Noraboa! Leches moi ben!

Cadeas lectoras

Se no primeiro trimestre fixemos a actividade dos Reis e Raíñas da lectura, neste segundo trimestre comezamos outra actividade de animación á lectura.

Por cada libro ou conto lido facemos un eslabón; cubrimos unha pequena tira de papel de cor co título do libro e a grampamos coas anteriores. Cada neno e cada nena ten a súa cadea colgada da parte traseira da porta da nosa clase.

Crecen a diario e, a día de hoxe, esté é o resultado!

 

 

I Concurso de lectura de poesías

I Concurso de lectura de poesías

O pasado venres 19 de febreiro celebramos o I Concurso de lectura de poesías na clase de 3º.

Presentáronse 9 solicitudes para participar: Lucía, Jesús, Lara, Jasmine, Ainhoa, Jose, Ismael, Nacho e Alba Tomé.

O gañador desta ocasión foi JESÚS. Noraboa! Fixéchelo moi ben!

A lectura escollida para este día: "La pricesa y el pirata" escrita por Liliana Cinetto, podes atopala no libro  “Veinte poesías de amor y un cuento desesperado” e no blog da Biblioteca do CEIP Fermín Bouza Brey

Soñamos con Ani e Susana

Ani é un libro que soña un andel que un día estaba no maxín de Susana pero que agora xa está nos nosos pensamentos.

Estes debuxos son as primeiras impresións do libro Soños de Andel

SOÑOS DE ANDEL

SOÑOS DE ANDEL

A miña amiga Susana Lamela ten un marabilloso blog que podedes visitar dende aquí.

Soños de Andel é un fantástico libro que escribiu. Con el podemos traballar distintos contidos a distintas idades.

Neste momento, na clase de 3º de Primaria, o estamos utilizando para distintas actividades relacionadas coa animación á lectura. En breve porei aquí os primeiros resultados

Grazas Susana por ter eses soños tan lindos!

RAÍÑAS E REIS DA LECTURA

RAÍÑAS E REIS DA LECTURA

Empezamos distintas actividades de animación á lectura.

Unha delas consiste en decorar, recortar, pegar e cubrir un punto de lectura por cada libro lido.

Eses puntos gárdanse nun mural común feito po nós. Cando temos 5 puntos podemos pintar o noso rei ou raíña da lectura que pegaremos noutro cartel.

O debuxo do rei-raíña atopeino na web do grupo musical "Mamá Cabra"