Escribimos con nuestros nombres
Hola! Somos los alumnos y alumnas de 6º A del CPI da Ribeira en O Porriño y os vamos a enseñar qué hemos hecho con nuestros nombres.
Hola! Somos los alumnos y alumnas de 6º A del CPI da Ribeira en O Porriño y os vamos a enseñar qué hemos hecho con nuestros nombres.
Como sabedes, hoxe é o meu aniversario.
Grazas pola festa tan bonita que me fixestes!
Que sorpresa tan linda!
Non a olvidarei. Non vos olvidarei! Xamáis
Quérovos
Xa vos irei contando cousas interesantes que podemos atopar no apartado infantil da web da Radio Televisión Española.
Polo de agora aproveitade o enlace con Clan Tv
Despois de escribir na nosa libreta de "Lectura e escritura" pasamos en limpo a nosa composición. Despois agrupamos distintos escritos por temas, decoramos a portada e grampamos facendo un libro.
Xa temos un montón...
Nos momentos de lectura libre podemos escollelos e cando lemos un tamén facemos unha tira para a nosa cadea lectora.
Este mércores estivemos traballando en grupos. Todos e todas fixemos todas actividades pero en distintos momentos e formando grupos distintos
Se non ves as fotos preme aquí e instala o JAVA
Esta é unha pequena mostra dun dos xogos que practicamos co Encerado Dixital Interactivo en relación co día da muller
O pasado venres día 12 de marzo desfrutamos con outra nova edición do concurso de Ler Poesía.
Nesta ocasión escollemos o marabilloso libro "Bechos pequerrechos", escrito e ilustrado por María Lires.
Neste "slide" podemos ver as nosas versións ilustrativas.
Este luns 8 de marzo, día da muller, comezamos a realizar unha serie de actividades relacionadas con esta celebración; aprendemos un pouco sobre a súa historia, de porque se celebra o 8 de marzo e non outro día do ano.
Tamén aprendemos cousas sobre Hipatia, Clara Campoamor, Helena Cortesina, Victoria Kent, Mary Wollstonecraft, Frida Kahlo, Ana María Matute, Marie Curie, Ada Lovelace, Dame Jane Goodall, Anna Keichline e Hildergard. Coñecemos o seu país de procedencia e a profesión á que lle dedicaron a súa vida.
Fixemos un debuxo da muller que máis nos chamou a atención e xa os temos pegados na parede da nosa aula.
Tamén lemos historias coeducativas coma: “El príncipe Ceniciento” e “Quero ser bombeira”.
Estamos traballando palabras con algún tipo de dificultade ortográfica.
Escollida a palabra buscamos a definición no dicionario e copiámola nunha ficha que colocamos por orde alfabética nun ficheiro.
Despois facemos un debuxo do significado e escribimos a palabra.
Xa temos todas estas expostas nun cartel da aula.
Xa empezamos a colocar personaxes, sinais de tráfico e semáforos na maqueta.
Polo de agora só temos un coche e unha casa, pero imos indo ben.
Mirade que chulo queda!
A terceira edición do concurso de lectura foi celebrado onte, venre 5 de marzo.
Nesta ocasión lemos un poema sobre un crocodilo namorado dunha xirafa.
O texto forma parte dunha das cancións do disco TIC-TAC, e esta actividade vainos servir de introdución para o día que traballemos a canción na clase de música, que será dentro de 10 días.
Polo de agora, escribimos un anaco da canción na libreta de "Lectura e Escritura", levámola para a casa para traballar a entonación e outras cousas, e fixemos un pequenos debuxos que vos mostramos neste "slide"
O pasado venres 26 de febreiro celebramos na clase de 3º de Primaria o II CONCURSO DE LER POESÍAS.
O poema para esta ocasión leva por título "Hay cosas que no hay" de Michael Ende e pertence ao libro "Os Monicacos", un divertido libro de rimas e poemas con adiviñas e trabalínguas para coñecer a todo tipo de monicacos.
Primeiro, o xoves 25 copiamos a poesía na nosa libreta de Escritura e Lectura, levámola para a casa para practicar e o venres presentámonos ao concurso.
O pasado venres 26 de febreiro celebramos na clase de 3º de Primaria o II CONCURSO DE LER POESÍAS.
Nesta ocasión o primeiro premio foi otorgado a ADRIÁN!
Noraboa! Leches moi ben!
Iso é o que estamos facendo ultimamente en Mates.
Xa sabemos o que son as divisións exactas e as inexactas pero ...
nos están custando un pouco as divisións de máis de 3 cifras no dividendo.
Neste enlace podemos repasar e seguir practicando.