Blogia
COLECCIÓN PRIMARIA

Que tocamos? Con que tocamos?

"Que tocamos? Con que tocamos?" é o título do concerto de música popular galega para escolares organizado polo Centro Cultural Caixanova en Vigo.

Os músicos "Gaiteiros da Xistra" foron os encargados de ensinarnos distintos instrumentos tradicionais, os seus nomes, as súas partes, o seu son e a técnica necesaria para tocalos.

Aprendemos moitas cousas como tamén a que familia pertencen e que diferentes tipos de agrupacións poden formar. Puidemos disfrutar dun concerto entretido e divertido no que escoitamos distintos tipos de pezas típicas da nosa terra: muiñeira, pasodobre, foliada,...

Algúns dos compañeiros e compañeiras da clase incluso subiron ao escenaro e puideron tocar cos Gaiteiros da Xistra.

Deixámosvos uns debuxos que lembran o ben que o pasamos o 21 de xaneiro de 2010, mirade que lindos!

0 comentarios