8 DE MARZO = DÍA DA MULLER
Este luns 8 de marzo, día da muller, comezamos a realizar unha serie de actividades relacionadas con esta celebración; aprendemos un pouco sobre a súa historia, de porque se celebra o 8 de marzo e non outro día do ano.
Tamén aprendemos cousas sobre Hipatia, Clara Campoamor, Helena Cortesina, Victoria Kent, Mary Wollstonecraft, Frida Kahlo, Ana María Matute, Marie Curie, Ada Lovelace, Dame Jane Goodall, Anna Keichline e Hildergard. Coñecemos o seu país de procedencia e a profesión á que lle dedicaron a súa vida.
Fixemos un debuxo da muller que máis nos chamou a atención e xa os temos pegados na parede da nosa aula.
Tamén lemos historias coeducativas coma: “El príncipe Ceniciento” e “Quero ser bombeira”.
0 comentarios