Blogia

COLECCIÓN PRIMARIA

MAQUETA EDUCACIÓN VIAL

Esta semana empezamos a nosa maqueta.

Xa temos a base, trátase dun plano dunha casco urbán. Aquí iremos poñendo distintas pezas que temos que recortar e montar dobrando e pegando. Hai persoas, vehículos, edificios,...

Xa vos iremos ensinando, polo de agora, isto é o que xa temos!

AS NOSAS NORMAS

Agora que estamos rematando o mes de febreiro, traspasado o ecuador do curso, imos repasar as nosas normas, porque non deben ser esquecidas

Día I. da Lingua Materna

O pasado 21 de febreiro tivo lugar a celebración internacional do Día da Lingua Materna.

Na nosa clase de 3º adicamoslle a escoita e lectura da fermosa historia "Un bico de amor e vida" basada nas lendas sobre sereas.

Ficha do audi- libro con música interpretada pola Real Filharmonía de Galicia

Editorial Galaxia.
T-Xosé A.Neira Cruz
I. Enjamio
M- Manuel Balboa
Ed.2009

Amosamos os debuxos que fixemos.

Cadeas lectoras

Se no primeiro trimestre fixemos a actividade dos Reis e Raíñas da lectura, neste segundo trimestre comezamos outra actividade de animación á lectura.

Por cada libro ou conto lido facemos un eslabón; cubrimos unha pequena tira de papel de cor co título do libro e a grampamos coas anteriores. Cada neno e cada nena ten a súa cadea colgada da parte traseira da porta da nosa clase.

Crecen a diario e, a día de hoxe, esté é o resultado!

 

 

I Concurso de lectura de poesías

I Concurso de lectura de poesías

O pasado venres 19 de febreiro celebramos o I Concurso de lectura de poesías na clase de 3º.

Presentáronse 9 solicitudes para participar: Lucía, Jesús, Lara, Jasmine, Ainhoa, Jose, Ismael, Nacho e Alba Tomé.

O gañador desta ocasión foi JESÚS. Noraboa! Fixéchelo moi ben!

A lectura escollida para este día: "La pricesa y el pirata" escrita por Liliana Cinetto, podes atopala no libro  “Veinte poesías de amor y un cuento desesperado” e no blog da Biblioteca do CEIP Fermín Bouza Brey

Que tocamos? Con que tocamos?

"Que tocamos? Con que tocamos?" é o título do concerto de música popular galega para escolares organizado polo Centro Cultural Caixanova en Vigo.

Os músicos "Gaiteiros da Xistra" foron os encargados de ensinarnos distintos instrumentos tradicionais, os seus nomes, as súas partes, o seu son e a técnica necesaria para tocalos.

Aprendemos moitas cousas como tamén a que familia pertencen e que diferentes tipos de agrupacións poden formar. Puidemos disfrutar dun concerto entretido e divertido no que escoitamos distintos tipos de pezas típicas da nosa terra: muiñeira, pasodobre, foliada,...

Algúns dos compañeiros e compañeiras da clase incluso subiron ao escenaro e puideron tocar cos Gaiteiros da Xistra.

Deixámosvos uns debuxos que lembran o ben que o pasamos o 21 de xaneiro de 2010, mirade que lindos!

Soñamos con Ani e Susana

Ani é un libro que soña un andel que un día estaba no maxín de Susana pero que agora xa está nos nosos pensamentos.

Estes debuxos son as primeiras impresións do libro Soños de Andel

Colección Primaria está no Premio Espiral

Colección Primaria está no Premio Espiral

Xa formamos parte dos blogs de profesoras e profesores presentados para o Premio Espiral de Edublogs 2010 que organizado pola Asociación Espiral, Educación e Tecnoloxía.

 Se queres facer un comentario sobre Colección Primaria, podes facelo premendo neste enlace

SOÑOS DE ANDEL

SOÑOS DE ANDEL

A miña amiga Susana Lamela ten un marabilloso blog que podedes visitar dende aquí.

Soños de Andel é un fantástico libro que escribiu. Con el podemos traballar distintos contidos a distintas idades.

Neste momento, na clase de 3º de Primaria, o estamos utilizando para distintas actividades relacionadas coa animación á lectura. En breve porei aquí os primeiros resultados

Grazas Susana por ter eses soños tan lindos!

DÍA DA PAZ

O pasado 29 de xaneiro celebramos o Día Internacional da Non Violencia e a Paz.

Os rapaces e rapazas de 3º de Primaria decidimos transformar unha poesía que nos ensinou a nosa mestra Uxía nun rap con xestos asociados: "Amigos de colores". A súa letra correspondía cos 4 amigos que ilustran o debuxo central do noso mural para o pasillo.

Este mural completámolo con pombas nas que escribimos palabras relacionadas coa paz e a concordia e as nosas postais á Pomba da Paz onde a saudamos e lle facemos chegar as nosas plegarias por un mundo mellor.

No día tamén fixemos unha pulseira (coma no 25 de novembro) pero esta vez a mensaxe que escribimos foi: "Queremos paz"

Para rematar cantamos, xunto co resto do colexio, a canción "Rosa de la paz" do grupo Amaral

CONSTITUCIÓN

Este mural fue realizado por mi alumnado de 3º de Educación Primaria del CPI Curros Enríquez el pasado mes de Diciembre de 2009 para celebrar el aniversario de la Constitución Española.

El material utilizado lo encontré en la web de Norberto y nos ayudó mucho a entender qué es la Constitución.

25 de Novembro

No cole tamén celebramos o Día Internacional para a Eliminación da violencia de Xénero.

As actividades realizadas polo 2º ciclo de Primaria consistían na elaboración dun grande mural que reflexara a cantidade de mulleres asasinadas polo terrorismo machista no ano 2009 en España.

Igual que o resto do colexio, o día 25 de novembro fixemos unhas pulseiras de cartolina cor violeta nas que escribimos unha frase-resumo do día.

A frase que escollemos na clase de 3º de E.P. por maioría foi: "Non podemos matar ás mulleres"

RAÍÑAS E REIS DA LECTURA

RAÍÑAS E REIS DA LECTURA

Empezamos distintas actividades de animación á lectura.

Unha delas consiste en decorar, recortar, pegar e cubrir un punto de lectura por cada libro lido.

Eses puntos gárdanse nun mural común feito po nós. Cando temos 5 puntos podemos pintar o noso rei ou raíña da lectura que pegaremos noutro cartel.

O debuxo do rei-raíña atopeino na web do grupo musical "Mamá Cabra"

XOANIÑAS (I)

Adoro as xoaniñas!

Aquí tendes unha pequena mostra de fermosas xoaniñas feitas por nenos e nenas da clase de 5 anos do CPI de Mondariz

ALGÚNS CÍRCULOS

Aquí tendes un exemplo dun fantástico traballo realizado por rapaces e rapazas de 4º de Primaria nunha sesión adicada a Kandinsy

RECURSOS TIC

Enlaces geniales aquí de recursos flash

17 DE MAYO DÍA DE INTERNET

17 DE MAYO DÍA DE INTERNET

Colección Primaria también se suma a la conmemoración del Día de Internet animando a todo el mundo a participar activamente de esta iniciativa. El objetivo es crear una gran red que transmita buenos usos y beneficios de Internet.

Día de Internet

 

AS CORES DO ARCO DA VELLA

AZUL

ROSA

VIOLETA

LARANXA

AMARELO

VERMELLO

VERDE

 

Feito por: ALBA

DODO EL PÁJARO EXTINTO

El Dodo era un pájaro como una gallina. Se alimentaba de su àrbol el tambalacoque conocido como árbol Dodo. Hacian sus nidos en la tierra. Ese pájaro era de las Islas Mauricio y como no volaba se quedó allí en su lugar y fue extinto en 1681.

Se extinguió por causa de los marineros, por su carne rica y por su facilidad de cazarlos. 

 

Curiosidades del Dodo

Sabias que...

El Dodo es de la familia de las palomas, pero no vuela

AUTOR: IGOR PHILIPE

EL PUEBLO MONTAÑOSO

En el pueblo montañoso hay muchas montañas y pocas casas y tambien pocos árboles .

Las montañas tienen que ser altas porque tienen mucha nieve. Hoy el tiempo no esta soleado.

Autora: Ana Claudia 5º C