25 de Novembro
No cole tamén celebramos o Día Internacional para a Eliminación da violencia de Xénero.
As actividades realizadas polo 2º ciclo de Primaria consistían na elaboración dun grande mural que reflexara a cantidade de mulleres asasinadas polo terrorismo machista no ano 2009 en España.
Igual que o resto do colexio, o día 25 de novembro fixemos unhas pulseiras de cartolina cor violeta nas que escribimos unha frase-resumo do día.
A frase que escollemos na clase de 3º de E.P. por maioría foi: "Non podemos matar ás mulleres"
0 comentarios